Arquivo por autores: repunante

Acerca de repunante

O repunante é un ser asocial con nostalxia dun pasado que probablemente só existe na súa imaxinación

Expléndido

Leo hoxe a crónica do concerto de Bruce Springsteen en Madrid . Según contan, case catro horas de rock de primeiro nivel que entusiasmou aos asistentes; tanto que algúns se animan a comentar a noticia na páxina de El Mundo, e varios deles afirman que foi un concerto “expléndido”, do cal deduciríamos que en algún momento foi “pléndido”, se non fose porque temos un mínimo coñecemento de ortografía . E pregunto eu: para qué carallo invertimos millóns de euros en educación ano tras ano se logo saen burras pardas que non saben nin como se escribe “espléndido”? ;  e xa non esperemos que lles temble un pouco o pulso ao escribir “ex” e nese momento se paren a reflexionar sobre o que esas dúas letras significan cando van xuntas ao inicio de unha palabra . Estamos apañados se esta é a xente da que dependerá o noso futuro, burras aceiteiras que nen sequera son capaces de expresar correctamente as pobres e poucas ideas que lles bulen na cabeza . Pois nada, home, isto é o que hai; estupendo, magnífico, fabuloso … expléndido !!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Contracorrente

Como esto xa só o len catro gatos, vou contar algunhas verdades sen moito perigo de ser despelexado na praza pública por fascista . Imos ver …

  • As Fragas do Eume en realidade son un conglomerado de piñeirais, eucaliptais, monte baixo e, por último, fragas no sentido estricto da palabra.
  • O que ardeu esta fin de semana, a falta de unha comprobación in situ, semella que foi na maior parte os elementos máis combustibles, ou sexa, maraña, eucaliptos e piñeiros . Iso non lle resta gravidade, pero moita xente anda confundida crendo que “se destruiron as Fragas do Eume” e convén aclaralo.
  • O nome Parque Natural pode levar a pensar nun espacio público, pero neste caso as Fragas son de titularidade privada, o que fai máis difícil a situación por diversos motivos.
  • Cando un político, da cor que sexa, saia falando deste tema, recordade o chiste, que parafraseo aquí : “¿Que son cen políticos no fondo dun pozo? . Un bo comezo”.

Así que non se alarmen, aínda non nos quedamos sen Fragas do Eume, pero incluso sen incendios de por medio hai varios puntos que deberan resolverse de cara non só á súa conservación senón tamén a súa rexeneración e se cabe ampliación . O primeiro é o tema da propiedade e os usos da terra; a Xunta non lles comprou as terras aos propietarios, pero tampouco lles deixa libertade para facer un aproveitamento tradicional do monte, e así, os propietarios teñen un sentimento moi comprensible de que se lles impón un parque natural para que o disfruten outros á súa costa; non parece un bo punto de partida para crear un espacio protexido, desde logo . O segundo punto, relacionado co anterior, é o das especies “impuras”, como o piñeiro e o eucalipto, que non só restan superficie ao que podía ser fraga, senón que ademáis, como se acaba de comprobar, son unha bomba incendiaria en situacións de seca,  e tampouco son un terreo moi acolledor para a fauna e a flora; de novo volvemos ao tema da propiedade, xa que sería o colmo obrigar aos propietarios a sustituir os eucaliptos por carballos sen resarcilos económicamente, e daría pe a actos de sabotaxe de consecuencias funestas .

E agora que siga a marea de oportunismo, desinformación e demagoxia saturando as redes sociais . Todos contra el fuego, todos contra el fuego …. duduá, duduá …

2 Comentarios

Arquivado en Sen clasificar

Antisistema

Hai moito, moito tempo, en varios países non moi lonxanos, grupos de xentes valerosas rebeláronse contra a orde establecida, concretamente no referente a unhas condicións de traballo cercanas ao esclavismo e que se aproveitaban da miseria e a falta de formación das clases populares para exprimilas como limóns ata que reventaban e eran sustituídas por novos necesitados . Iso acabouse gracias a enormes sacrificios e moitos anos de loita encabezados por líderes excepcionais e secundados por masas de xente anónima. Estes antisistema conseguiron a maioría das cousas que ata hai dous días dabamos por supostas, a saber: vacacións, dereito a baixa por enfermidade, subsidio de desemprego, etc, etc . Os seus descendentes xa tiveron que loitar moito menos, ou nada, se miramos para as últimas xeracións . Esta bonanza fixo que se volveran cómodos e acabaran pervertindo o sistema, de xeito que non traballar no traballo deixou de ser unha excepción xustificada baixo certas circunstancias a ser a norma; querían traballos cómodos, ben pagados e con vacacións e días libres a fartar; resumindo, na relación laboral coas súas empresas querían todos os dereitos pero ningún dos deberes . Así chegamos a unha sociedade acomodada e centrada na molicie e o consumismo voraz . Todo isto durou ata que en 2012 un grupo antisistema, emulando aos pioneiros, enfrentouse a este estado de cousas; como ocorrera hai tantos anos, os amos do cotarro calificáronos como un perigo público, e chamaron á sociedade a combatilos “polo ben de todos” . A paradoxa está en que esta vez os reaccionarios son os sindicalistas e os políticos de esquerda, e os axitadores e promotores dunha ruptura do sistema son os empresarios e a dereita . Así se completa unha simpática peripecia que dentro duns poucos anos pode poñernos de novo no punto de partida . ¿Quén dixo que o progreso non era circular?

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Xaba…xaba..xabarín !

Acabo de ler unha nova sobre ese animal que por aquí chamamos porco bravo . O outro día máis de un conductor levou un bo susto ao atoparse cunha familia xabarina que cruzaba a autopista A9 á altura de Bergondo . Na mesma nova leo con asombro que cada ano matamos 14.000 porcos bravos (!!!) , e aínda así a Xunta quere intensificar as batidas, porque a invasión xabarina desborda todas as previsións .

É curioso que por un lado teñamos ao xabarín como un icono infantil e xuvenil de simpatía e bo humor e por outro apareza como un enemigo público sobre o que disparar; ¿que pensaran os nenos do rural cando ven aos cazadores voltar do monte cos xabaríns mortos? Hai unha dicotomía moi estrana ahí para as súas pequenas mentes, non ?

Outro pensamento que me vén á cabeza é o de outra dicotomía, a da Galicia rural e a urbana; nesta última o xabarín é algo exótico i estrano, pero un día irrumpe na autopista como un intruso, saído dun mundo descoñecido e primitivo, case de conto . Só por iso desperta as miñas simpatías, por resistir como un elemento atávico e incontrolado neste mundo da modernidade aséptica .

Churras, churras, churras …. que jallo é !!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Analfabrutos

Hoxe acabo de descubrir algo, gracias á profunda preparación dun periodista . Mellor dito, de dous, pois é a segunda vez nesta semana que leo na prensa “una mujer en cinta” . Vaia! eu sabía de mulleres fatais, mulleres de bandeira … pero esto da muller “en cinta” é unha novedade; lendo os dous artigos completos vexo que en ambos casos as mulleres estaban embarazadas, en estado, preñadas, polo que, como xa adiviñastes, a única cinta que hai aquí é a enorme cinta de burricie que roda na cabeza destes burricáns que viven de escribir e non saben facer a o cun canuto .

Pois nada, outra barbaridade vai cobrando forza, xunto ó xa canónico “haber”, que está a piques de suplantar definitivamente ó lexítimo “a ver” . Fagamos algúns exercicios simples . Repeat with me :

  • “Eu boto na urna o meu voto”
  • “A ver Maruxa, dime cantos cartos tén que haber na conta”
  • “Perico se cayó porque Manolo se calló en vez de avisarlo”

Ala … vaian practicando, solípedos!!

2 Comentarios

Arquivado en Burricie

Mercachifles

Hoxe toca falar dun paxaro que me resulta especialmente irritante, o escritor e iluminado Paulo Coelho . Parece que o home saca outra novela, na que volve a dar a paliza co seu pseudo-espiritualismo, misticismo e consellos de autoaxuda para pobres de espíritu . O caso é que ó caradura este vaille moi, pero que moi ben co seu discurso de predicador e enganabobos . A cuestión é ¿por qué? ¿cómo pode vender millóns de libros coas súas papanatadas sobre o mestre e o pequeno besbello? . Pois moi sinxelo, home, polo mesmo que a relixión segue sendo o opio do pobo, porque ofrece esperanza, porque di o que a xente quere oír . É moito máis cómodo deixarse conducir que asumir o control da túa vida e as consecuencias das túas decisións; é moito máis cómodo e reconfortante pensar que imos ir ao ceo a tocar a arpa que afrontar o feito de que nos imos convertir en comida para vermes e ahí se acaba o noso tempo . Por todo isto, dado o crecente desamparo material e o decrecente nivel cultural da chusma, auguro un futuro esplendoroso a todos os Paulos Coelho e a todas as organizacións relixiosas deste mundo decadente . Mentras tanto, uns poucos rebellos seguiremos protestando, que é o que nos queda .

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Bestas

Vexo hoxe na prensa unha foto que me entristece moito, moito . A noticia é que en Filipinas capturaron un cocodrilo mariño de seis metros de longo e unha tonelada de peso; suceso espectacular e que por tanto aparece nestas latitudes nas que se ve que non hai nada máis importante do que falar (ou sí, e por iso non se conta) . O caso é que vexo a foto da “besta” xa capturada e amarrada enriba dun carro, arrodeado de unha multitude satisfeita; coméntase que non o van matar, senón que o levarán a un parque para que sirva de atracción; que fin máis degradante para o pobre animal . Esa foto é para min un símbolo de como o ser humano, incapaz de amar a natureza, de admirala e respetala, se adica a estragala e a empregala para o seu disfrute e diversión .

Para min as bestas son os que están arredor dese animal, chusma destructiva e rapaz, a enfermidade deste planeta, os homes .

5 Comentarios

Arquivado en Sen clasificar