Arquivos mensuais: Abril 2012

Contracorrente

Como esto xa só o len catro gatos, vou contar algunhas verdades sen moito perigo de ser despelexado na praza pública por fascista . Imos ver …

  • As Fragas do Eume en realidade son un conglomerado de piñeirais, eucaliptais, monte baixo e, por último, fragas no sentido estricto da palabra.
  • O que ardeu esta fin de semana, a falta de unha comprobación in situ, semella que foi na maior parte os elementos máis combustibles, ou sexa, maraña, eucaliptos e piñeiros . Iso non lle resta gravidade, pero moita xente anda confundida crendo que “se destruiron as Fragas do Eume” e convén aclaralo.
  • O nome Parque Natural pode levar a pensar nun espacio público, pero neste caso as Fragas son de titularidade privada, o que fai máis difícil a situación por diversos motivos.
  • Cando un político, da cor que sexa, saia falando deste tema, recordade o chiste, que parafraseo aquí : “¿Que son cen políticos no fondo dun pozo? . Un bo comezo”.

Así que non se alarmen, aínda non nos quedamos sen Fragas do Eume, pero incluso sen incendios de por medio hai varios puntos que deberan resolverse de cara non só á súa conservación senón tamén a súa rexeneración e se cabe ampliación . O primeiro é o tema da propiedade e os usos da terra; a Xunta non lles comprou as terras aos propietarios, pero tampouco lles deixa libertade para facer un aproveitamento tradicional do monte, e así, os propietarios teñen un sentimento moi comprensible de que se lles impón un parque natural para que o disfruten outros á súa costa; non parece un bo punto de partida para crear un espacio protexido, desde logo . O segundo punto, relacionado co anterior, é o das especies “impuras”, como o piñeiro e o eucalipto, que non só restan superficie ao que podía ser fraga, senón que ademáis, como se acaba de comprobar, son unha bomba incendiaria en situacións de seca,  e tampouco son un terreo moi acolledor para a fauna e a flora; de novo volvemos ao tema da propiedade, xa que sería o colmo obrigar aos propietarios a sustituir os eucaliptos por carballos sen resarcilos económicamente, e daría pe a actos de sabotaxe de consecuencias funestas .

E agora que siga a marea de oportunismo, desinformación e demagoxia saturando as redes sociais . Todos contra el fuego, todos contra el fuego …. duduá, duduá …

2 Comentarios

Arquivado en Sen clasificar