Arquivos mensuais: Marzo 2012

Antisistema

Hai moito, moito tempo, en varios países non moi lonxanos, grupos de xentes valerosas rebeláronse contra a orde establecida, concretamente no referente a unhas condicións de traballo cercanas ao esclavismo e que se aproveitaban da miseria e a falta de formación das clases populares para exprimilas como limóns ata que reventaban e eran sustituídas por novos necesitados . Iso acabouse gracias a enormes sacrificios e moitos anos de loita encabezados por líderes excepcionais e secundados por masas de xente anónima. Estes antisistema conseguiron a maioría das cousas que ata hai dous días dabamos por supostas, a saber: vacacións, dereito a baixa por enfermidade, subsidio de desemprego, etc, etc . Os seus descendentes xa tiveron que loitar moito menos, ou nada, se miramos para as últimas xeracións . Esta bonanza fixo que se volveran cómodos e acabaran pervertindo o sistema, de xeito que non traballar no traballo deixou de ser unha excepción xustificada baixo certas circunstancias a ser a norma; querían traballos cómodos, ben pagados e con vacacións e días libres a fartar; resumindo, na relación laboral coas súas empresas querían todos os dereitos pero ningún dos deberes . Así chegamos a unha sociedade acomodada e centrada na molicie e o consumismo voraz . Todo isto durou ata que en 2012 un grupo antisistema, emulando aos pioneiros, enfrentouse a este estado de cousas; como ocorrera hai tantos anos, os amos do cotarro calificáronos como un perigo público, e chamaron á sociedade a combatilos “polo ben de todos” . A paradoxa está en que esta vez os reaccionarios son os sindicalistas e os políticos de esquerda, e os axitadores e promotores dunha ruptura do sistema son os empresarios e a dereita . Así se completa unha simpática peripecia que dentro duns poucos anos pode poñernos de novo no punto de partida . ¿Quén dixo que o progreso non era circular?

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar