Bestas

Vexo hoxe na prensa unha foto que me entristece moito, moito . A noticia é que en Filipinas capturaron un cocodrilo mariño de seis metros de longo e unha tonelada de peso; suceso espectacular e que por tanto aparece nestas latitudes nas que se ve que non hai nada máis importante do que falar (ou sí, e por iso non se conta) . O caso é que vexo a foto da “besta” xa capturada e amarrada enriba dun carro, arrodeado de unha multitude satisfeita; coméntase que non o van matar, senón que o levarán a un parque para que sirva de atracción; que fin máis degradante para o pobre animal . Esa foto é para min un símbolo de como o ser humano, incapaz de amar a natureza, de admirala e respetala, se adica a estragala e a empregala para o seu disfrute e diversión .

Para min as bestas son os que están arredor dese animal, chusma destructiva e rapaz, a enfermidade deste planeta, os homes .

Advertisements

5 Comentarios

Arquivado en Sen clasificar

5 respostas a “Bestas

  1. repunante

    Recordemos que na Biblia se presenta ó home como centro da creación e dono da mesma . Por ahí empeza todo …

  2. Ser o dono da creación significa unha gran responsabilidade, unha mostra de confianza, de que se confía en tí para que disfrutes dun regalo maravilloso pero que o cuides con mimo e con dilixencia. Non significa unha cesión dun ben para unha explotación e esquilmación despótica e perversa

    Cada un interpreta as mensaxes como cree conveniente, .. por desgracia.

    Unha aperta a fume de carozo.

  3. Admirador

    Para min que estos filipinos están algo mais avanzados que no noso pais.

    Se fose no meu pobo, xa estarían a maquinar como facer xamóns e chourizos do bicho.

    E que xa me imaxino os veciños
    …E os crocrodrilos eses que c… comen…
    …E a piel, ¿vale para botellos ou tírase?
    …E sobre todo o cura pedindo o fígado e os lomos…

  4. repunante

    Segue esta triste historia .. agora o animal non come debido ó estres da captura … e ademáis : ” … El acceso al parque ha sido restringido para evitar que aumente el estrés del animal, bautizado Lolong, después de que en los últimos días cientos de personas acudieran a contemplarlo y algunos niños se divirtieran tirándole piedras …. ” . Seres humanos en estado puro …

  5. momo05

    Pobre animal, igual es que prefiere la carne humana…. ¿Lo culparíamos si atacase a sus “cuidadores”?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s