Arquivos mensuais: Xaneiro 2011

Tirar da cadea

A veces me sorprendo a min mesmo contemplando como se fosen novas cousas nas que un non repara habitualmente, pola forza do hábito . Hoxe ocorreume . Facendo honra á fama de porcos que temos os homes, cada vez que acudo ó baño da miña oficina atopo a taza mexada, ou incrustacións de “chocolate do porco” nas paredes da mesma . Hoxe pola tarde, tras o meu enésimo encontro coas miserias masculinas, decidín poñer un cartel pregando un pouco de hixiene e civismo, e foi entón cando un pensamento cruzou a miña mente, como unha barreira infranqueable . O pensamento, absurdo se se quere, foi este: “un momento, non podo poñer tirar da cadea, porque non hai cadea, o que hai é un botón” . E así foi como esas palabras , “tirar da cadea”, ditas sempre sen pensar, se me revelaron no seu verdadeiro significado, que, polos avances da técnica, cada día se afasta máis do feito de “facer que a auga do inodoro baixe e arrastre as inmundicias” .

Seguro que os ingleses, tan aforradores eles, teñen unha palabra para designar esa acción, pero nós non a temos, e digo eu que xa que o que sí temos é unha chea de parásitos construíndo e deconstruíndo normativas, por unha vez podiamos tirar algo de proveito deles . Así que vou a escribir unha carta á RAG pedíndolles un novo vocablo que sustitúa a “tirar da cadea” . A ver que me din; eu propoñería algo como “desenxurrar”, tendo en contas os materiais implicados na acción .

2 Comentarios

Arquivado en Sen clasificar