Paradoxa contemporánea

Levo toda a semana lendo artigos, novas, comentarios, opinións, especulacións … sobre o que está a pasar no Sahara . Hai toda a información que un poda ler nun mes enteiro e mais, pero … sigo sen saber o que pasa . Esta é a paradoxa do periodismo moderno, resulta imposible coñecer a verdade, e non falo da verdade en  termos absolutos, tan só pido unha relación obxectiva dos feitos acaecidos; a saber: Pepito disparoulle a Manolito, Manolito queimoulle a casa a Pedrito … feitos, só iso, logo xa verei eu de extraer as miñas relacións causa-efecto e facer as miñas suposicións . No canto diso o que temos é unha simplificación de malos e bós que non só falta case con total seguridade á realidade, senón que nos trata como idiotas, insulta a nosa intelixencia .  Non teño a perspectiva histórica suficiente, pero no que levo de vida nunca tan manipulados e servilistas vin ós medios de comunicación; cada un fala desde o prisma dos seus e para os seus . Visto o percal, creo que xa só leo o xornal por unha cuestión de hábito, porque non me aporta o que un ía a buscar neles, a información .

Creo que vou seguir o consello daquel home, que dicía : “Cando quero enterarme do que pasa, leo o Apocalipsis” .

O mundo está perdido .

Advertisements

1 comentario

Arquivado en Xeral

Unha resposta a “Paradoxa contemporánea

  1. Agustin

    E ti por qué pensas que moita xente empeza o xornal por detrás, entre eles eu, e as derradeiras páxinas, as serias, as miran por riba?

    En serio, o fundamental deste asunto, ó meu parecer, é que non sabemos o que pasa básicamente porque os feitos están situados nunha dictadura.

    Unha dictadura á que moitos medios non a chaman por tal, senon que son esos eternos veciños ós que temos que perdoar según que cousas…non vaia a caer algo peor. De verdade pensaban os xornalistas que os deixarían ir polo Aaiun coma se fora Callejeros? Ou Sálvame?: “Señor saharaui, denos su testimonio que estamos aquí para que lo vea todo el mundo y yo pondré cara seria, como si me importara”
    Ay!, algúns pensaban que ian a “sua tormenta do deserto saharaui” particular e deronlles ración media de realismo en forma de dictadura… Agardamos con ansia esas reportaxes heroicas, eses testimonios de “eu estiven ali, a pe de jaima”, columnas de opinión mil veces masticadas e mil veces mal dixerida, glorias ó xornalismo pacato, aburrido, adocenado, servil…inútil.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s