Hoxe tiven un pesadelo terrible . Inda que era todo un pouco confuso, como ocorre nos soños, o caso é que por arte de birlibirloque, atopábame na Idade Media . Eu ía pola rúa e uns soldados cortábanme o paso porque ía pasar por alí unha comitiva oficial .Cando se me ocorreu protestar, levei un pao que me persuadiu de quedar caladiño nunha esquina, mentres esperaba a ocasión para colarme cando non mirasen . Non o puden facer porque naquel momento pasou a comitiva, presidida por uns cantos burgueses, que precedían a un trono no que refulxían as xoias e o brilo do ouro, e no que ía un crego vestido de branco saúdando a dereita e esquerda, mentras a plebe aplaudía e tendía a man, entendo que para ver se lles caía algunha esmola . Contrastaba o boato e magnificicencia da comitiva co aspecto vulgar e tirando a pobre da xente . Cando pasaron á miña altura, algún impulso interno me levou a berrar !Non cos meus cartos!, e acto seguido caeume enriba un grupo de soldados que comezaron a mallar en min con todas as súas forzas.
Nese momento espertei, e …. estaba no hospital escribindo isto, e non fora un soño
Esto é unha predicción, en dous días verase.