Arquivos mensuais: Novembro 2010

Paradoxa contemporánea

Levo toda a semana lendo artigos, novas, comentarios, opinións, especulacións … sobre o que está a pasar no Sahara . Hai toda a información que un poda ler nun mes enteiro e mais, pero … sigo sen saber o que pasa . Esta é a paradoxa do periodismo moderno, resulta imposible coñecer a verdade, e non falo da verdade en  termos absolutos, tan só pido unha relación obxectiva dos feitos acaecidos; a saber: Pepito disparoulle a Manolito, Manolito queimoulle a casa a Pedrito … feitos, só iso, logo xa verei eu de extraer as miñas relacións causa-efecto e facer as miñas suposicións . No canto diso o que temos é unha simplificación de malos e bós que non só falta case con total seguridade á realidade, senón que nos trata como idiotas, insulta a nosa intelixencia .  Non teño a perspectiva histórica suficiente, pero no que levo de vida nunca tan manipulados e servilistas vin ós medios de comunicación; cada un fala desde o prisma dos seus e para os seus . Visto o percal, creo que xa só leo o xornal por unha cuestión de hábito, porque non me aporta o que un ía a buscar neles, a información .

Creo que vou seguir o consello daquel home, que dicía : “Cando quero enterarme do que pasa, leo o Apocalipsis” .

O mundo está perdido .

1 comentario

Arquivado en Xeral

Tempos modernos

Hoxe tiven un pesadelo terrible . Inda que era todo un pouco confuso, como ocorre nos soños, o caso é que por arte de birlibirloque, atopábame na Idade Media . Eu ía pola rúa e uns soldados cortábanme o paso porque ía pasar por alí unha comitiva oficial .Cando se me ocorreu protestar, levei un pao que me persuadiu de quedar caladiño nunha esquina, mentres esperaba a ocasión para colarme cando non mirasen . Non o puden facer porque naquel momento pasou a comitiva, presidida por uns cantos burgueses, que precedían a un trono no que refulxían as xoias e o brilo do ouro, e no que ía un crego vestido de branco saúdando a dereita e esquerda, mentras a plebe aplaudía e tendía a man, entendo que para ver se lles caía algunha esmola . Contrastaba o boato e magnificicencia da comitiva co aspecto vulgar e tirando a pobre da xente . Cando pasaron á miña altura, algún impulso interno me levou a berrar !Non cos meus cartos!, e acto seguido caeume enriba un grupo de soldados que comezaron a mallar en min con todas as súas forzas.

Nese momento espertei, e …. estaba no hospital escribindo isto, e non fora un soño

1 comentario

Arquivado en Xeral