Arquivos mensuais: Setembro 2010

Os nosos salvadores

Falan de dereitos . Nun estupendo comic de Batman este dille a un delincuente que reclama os seus dereitos “… sí, tés moitos dereitos, tés tantos que ás veces contoos ata que me aburro …” . Estes folguistas tamén falan de dereitos, pero só dos que a eles lles conveñen, por suposto . Unha vez mais asistimos a unha folga mediatizada pola coacción ós que non desexan secundala; se lles ameaza, se lles denigra co odioso termo “esquirol”, que é como quen di “traidor, cobarde” . É terrible que nunha suposta democracia haiba xente que pasa medo polo simple feito de querer traballar, como os que se ven obligados a andar mirando cando pasan os piquetes para pechar e volver a abrir cando se vaian eses libertarios totalitarios  .

Cando os que coaccionan son os empresarios, os heroicos camaradas sindicalistas enchen a boca de verbas como fascismo, opresión, explotación . ¿Non haberá un espello que consiga facerlles ver que hoxe son o reverso de aquelo que denuncian? . O que se esconde detrás desas actitudes en realidade é un desprecio absoluto por aqueles que din defender, pois se un non segue o son que marcan ou ben é un vendido ou ben un pobre ignorante que non sabe o que lle convén, aspectos que me recordan a certos sectores do nacionalismo galego, e en última instancia, en realidade, a calquera forma de sectarismo . Eles saben o que é bo para nós, e nós debemos obedecer, xa que “é polo teu ben” . Xa vedes que ó final sempre imos do fenómeno particular ó universal; rematamos unha vez mais, e sempre, na podre e mísera condición humana .

P.D. : Mentras escribo esto escoito a un sindicalista dicindo que hai empleados secuestrados (sic) nos seus postos de traballo que os chaman para que os vaian rescatar, e por iso teñen que facer uso da forza . Non sei se rirme ou chorar, pois a continuación escoito a unha señora que con rabia relata como lle impediron abrir o seu pequeno negocio a pesar de que todos os seus empregados querían facelo . ¿Onde está a verdade? . Blowin’ in the wind …

Advertisements

2 Comentarios

Arquivado en Xeral

Eufemismos

Acabo de enterarme de que morreu Ana Kiro . Eu xa lera hai tempo que tiña cancro . O que me chama a atención da nova non é o feito en sí, senón o tratamento que lle dan, concretamente a típica e manida frase “tras una larga y penosa enfermedad” . Hai que foderse; é que non avanzamos nada, machiño!! , os mesmos pudores e tabúes de sempre . Nunca entendín por que non se pode dicir “fulano morreu de cancro”, e punto; ¿é que se contaxia esa enfermidade polo simple feito de nomeala? ¿acaso é un motivo de vergoña para os que a padecen? . Que mo explique alguén, por favor .

Imos para atrás con gran decisión, sí señor …

1 comentario

Arquivado en Xeral

De mal en peor

Teño que recoñecelo: o meu vai a peor . Cada vez me sinto mais afastado dos meus compatriotas . Non se trata xa de que estea farto do fato de chourizos e sinvergonzas que viven da política ou o sindicalismo; tampouco é que se me abran as carnes cada vez que buscando algo na tv paso fugazmente por esa esterqueira chamada Tele5 . Non, a cousa é mais grave, trátase simplemente da xente coa que me atopo pola rúa; cada vez vexo mais xente con pinta de animal, así de claro . Hai algo na expresión da xente ou na súa mirada que delata unha intelixencia, ou un espíritu cordial, que só en raras ocasións atopo . Vexo pasar á xente nos coches, andar pola rúa, falando (berrando) nos bares, e só vexo animaliños e animaliñas, gañáns e gañanas, réplicas dos enxendros que produce a televisión que trunfa neste país . Síntome estranxeiro na miña propia terra, lonxano, diferente, pesimista ó fin respecto do camiño que leva esta sociedade . Acabarei, a este paso, nun reducto elitista de xente que aínda lea libros que non estean de moda, fale en voz baixa e teña unha mínima curiosidade intelectual . Triste, pero real . A Idade Media está de volta; retirémonos á nosa torre de marfil mentras a chusma se revolca na súa miseria física e moral .

Para rematar a contracorrente, vou poñer tres citas de Aristóteles (¿alguén se acorda de Aristóteles?) que veñen ó caso:

“A maioría dos homes mostran ter decididamente alma de escravos ao elixir unha vida de bestas, xustificándose en parte co exemplo dos que están no poder”

“As virtudes, por tanto, non nacen en nós nin por natureza nin contrariamente á natureza, senón que sendo nós naturalmente capaces de recibilas, perfeccionámolas en nós polo costume”

“A sensación non é principio de ningunha acción moral. A proba é que as bestas teñen sensacións, e con todo non participan da acción moral”

Saúdos a Nicómaco !!!

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral