Arquivos mensuais: Abril 2010

A burricie perpetua

Alguén explicou unha vez a falta de linealidade do progreso polo corta que é a vida humana unido ó feito de que cada xeración, en vez de vir ó mundo coa experiencia acumulada polos seus pais, volve a aprender desde cero, a facer as mesmas tonterías e a caer nos mesmos erros . Isto queda de novo claro coa última soplapollez que inventaron para sacarlle os cartos á chusma: as pulseiras holográficas . A broma consiste en vender entre trinta e cincuenta euros unha pulseira de plástico que costa menos dun euro ós listos que as fabrican . O cebo é que as pulseiras “equilibran” o magnetismo corporal, o cal convirte a unha ancianiña con artrosis nunha velocista de competición, como mínimo . Eu entereime de casualidade, vendo a tele, onde saía un chuloputas repeinado presentando os “innumerables beneficios” para a saúde dunha pulseira que, iso sí, el non sabía moi ben como funcionaba, como recoñeceu o trilero . A continuación viña a demostración: a presentadora tentaba tocar os dedos dos pés dobrándose pola cintura, o cal non lograba; despois collía a pulseira na man e !sorpresa!, xa chegaba ós dedos . Cambiei de canle e olvideime da estupidez esa, pero o Sábado seguinte un dos meus compañeiros de pachanga futbolera apareceu cunha pulseiriña, para a miña sorpresa e hilaridade; naturalmente, non o vin en mellor forma que antes de poñer a pulseira, pero non lle dixen o papanatas que era (aínda que me costou aguantarme).

E hoxe, finalmente, aparece un artigo no País respecto do asunto, no que uns pobres médicos tentan convencer ó personal do timo que lles están metendo, pero .. ai! demasiado tarde .. os listos da empresa xa repartiron pulseiriñas a uns cantos “referentes sociais”, como Belén Esteban, o lehendakari vasco (agora di que era para a súa nai), algún que outro deportista, etc . , co cal a chusma se lanzará en masa a caer de novo no timo da estampita . Pregúntome para que carallo gastamos recursos en educar a esta recua de burros; non fai falta ser físico nuclear para sospeitar de afirmacións como “… hemos introducido en hologramas frecuencias que reaccionan positivamente al campo magnético del cuerpo”, pero supoño que pedir coñecementos básicos de física ou magnetismo a os parroquianos de Gran Hermano e do Marca é como pedirlle a un político que diga a verdade.

Todo isto resulta deprimente . A ver se nos extinguimos dunha puta vez . Deixo aquí algunhas xoias sacadas do artigo do País:

  • Só a empresa orixinal, Power balance, leva vendidas en España 300.000 pulseiras, e os imitadores (como se fose tan difícil!!) a saber.
  • Afirmación de un vendedor do invento respecto dos informes médicos que respalden a patochada:  “estamos esperando que nos los manden. Son de una universidad que ahora mismo no recuerdo. Y también se han hecho investigaciones con la NASA”.
  • Un especialista en marcas e tendencias de consumo : “Son lo suficientemente caras para mostrar signos de credibilidad y lo suficientemente baratas para hacerlas accesibles”.
  • E a miña favorita: existe un grupo de Facebook chamado “Power balance: cómodo sistema de detección de retrasados”.

Rebuznemos todos xuntos!! III-AAAAAHHHHHHHH !!

O mundo está perdido.

Advertisements

2 Comentarios

Arquivado en Xeral

Os lobos e as ovellas

Ás veces é bo escribir as cousas en quente, porque inda que se poden cometer esaxeracións froito da falta de perspectiva e do cabreo, tamén é certo que as emocións son auténticas, para o bo e para o malo . Acabo de ler os resultados dunha enquisa feita por un sindicato na miña empresa sobre as condicións de traballo, e non dou asimilado o que vexo; dun total de 1.450 empregados só respondemos á enquisa 114 . Obvio dicir que o anonimato estaba garantido, e pese a iso o 90% dos empregados non se atreveron a facer a enquisa ou simplemente non lles apetecía . Non serei eu o que diga que os sindicatos nos van resolver algo, pero creo que por vergonza e por un mínimo de compromiso todos debíamos participar nesta enquisa ou en actividades semellantes  . Probablemente eses mesmos traballadores, cando saian do traballo ou na hora do café se lamentarán do pouco que cobran, do  explotados que están, etc, etc … pero non merecen máis, así de claro .

Francamente, estas cousas animan a crear unha empresa ó estilo chino; a xente ten tan pouco valor e dignidade que un pode facer deles o que queira, que non moverán un dedo para cambiar a situación. Supoño que isto explica que nun país con case cinco millóns de parados a vida siga como se nada .

Como diría o grande Celso Emilio, vivimos no país dos ananos .

2 Comentarios

Arquivado en Xeral

Revertiana

É moi reconfortante falar con xente que comparte os gustos ou inclinacións persoais, case tanto como frustrante resulta facer un comentario sobre algo que a tí che parece interesante e que os demais poñan cara de póquer . Un comentario profesional dun compañeiro de traballo acabounos levando a un pequeno diálogo sobre mariños de renome, e el recordoume a figura de Blas de Lezo, esquecida, como non, mentres que case calquera sabe quen foi Nelson ou o Capitán Cook . A diferencia, coma sempre, está en que o señor de Lezo era español, vasco concretamente, e viviu nun país que esquece e destrúe case sempre ás súas mellores figuras . Por non ter, en España nin sequera temos un cine que tire da Historia para producir películas, como si fan os franceses, e xa non digamos os americanos, que se chegan a ter este material xa saberiamos todos de memoria as vidas do Duque de Osuna, de Cabeza de Vaca, de …

Animo desde aquí a quen lea estas liñas a saber algo sobre a vida de Blas de Lezo; basta con ir á Wikipedia se non hai ganas de buscar moito. Só comentarei como introdución a anécdota das moedas inglesas: o señor de Lezo defendía a praza de Cartagena de Indias contra un asalto dos ingleses, cunha proporción de forzas de oito a un a favor dos ingleses, que xa se vían vencedores e mandaron acuñar moedas conmemorativas da súa gran victoria, co texto «Os heroes británicos tomaron Cartagena o 1 de abril de 1741» . Pero saíulles a porca mal capada, porque o amigo Blas deulles as do pulpo, e volveron para a casa humillados, ata o punto de que o rei Xurxo II prohibiu que se volvera a falar nunca do asunto, e as moedas foron de volta para a fundición .

O señor de Lezo tivo a sorte de morrer de peste tra-la batalla de Cartagena de Indias, e digo sorte porque o máis probable é que de seguir a súa carreira triunfal acabaría machacado polas intrigas dos mediocres e envexosos, como lle pasou a tantos outros ó longo da Historia de España.

Máis Historia e menos Marca!!!

6 Comentarios

Arquivado en Xeral