Arquivos mensuais: Marzo 2010

Quico

Onte atopeime na piscina con Quico . Quico é un rapaz desconcertante; ten un pequeno retardo mental que se manifesta sobre todo na súa sinxeleza e no xeito que tén de romper o que se pode chamar “normas de comportamento establecidas” . Quico comeza a falar contigo espontaneamente, sen presentación ou preparación previa, tanto se te coñece como se non . Isto é o que resulta estrano e ó mesmo tempo fascinante del . Ter unha conversa con el é un bo exercicio de atención, humildade e paciencia . Quico abórdate de súpeto e diche “Mañá teño que levantarme ás oito e media para preparar a lección de Física”, ou “A min non me gusta a coliflor”, e a continuación quédase absorto durante un segundo para cambiar de tema; pode que cando intentes seguir a conversa, como facemos por cortesía, non che faga caso e salte a outra cousa, ou que apareza outra persoa e lle conte a ela o seu seguinte pensamento como se ti non existises nin acabase de estar falando contigo, o cal usualmente consideraríase como de moi mala educación . Él non se preocupa de ser cortés, falar do tempo para romper un silencio incómodo ou de escoitarte finxindo atención se non lle interesa o que dis . É transparente, e me leva a preguntarme como sería a sociedade se todos nos comportásemos como el . Quico non é bo nin é malo, simplemente é o que é neste momento, e no seguinte quen sabe .

Gústame falar con Quico.

Advertisements

1 comentario

Arquivado en Xeral

O Xusticieiro Tipográfico

Onte naceu un novo superheroe . Non ten poderes moi espectaculares, nen vai cun traxe estrafalario . De feito o seu aspecto é bastante común, e garda un sospeitoso parecido co repunante . O xusticieiro revelouse ó mundo nunha modesta froitería, mentras a súa versión humana mercaba un par de tomates . Cando se dirixía a pagar a compra, o noso home quedouse mirando para os prezos do resto de froitas e legumes que alí había, e descubriu que nunha caixa con noces podía lerse “Nuezes 1,65”. Nese momento o seu sentido ortográfico empezou a producirlle un picor na lingua, e nun microsegundo convertiuse no Xusticieiro, o cal se dirixiu ó tendeiro para indicarlle o seu erro . A dicir verdade ía con certo temor, agardando un rostro de incomprensión ou unha mala contestación, pero o tendeiro tomouno con moi bo humor, e de seguido se deu conta do patinazo . Axudou ó bo ambiente que a muller do tendeiro se metese con él a conta de quén escribira o texto na etiqueta . Tras uns instantes de sorrisos compartidos, o Xusticiero desapareceu coa satisfacción do deber cumplido .

Se cadra non todo está perdido!!

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral

Excéntricos imprescindibles

Excéntrico significa, entre outras cousas, “que se afasta do comportamento común” . Usualmente a xente dalle o significado de “tolo” .  Non descubro nada dicindo que cada día me vexo máis excéntrico, no sentido da primeira acepción . Por iso me reconforta ver que existen outros excéntricos como Mercedes Agulló, que leva unha pila de anos encerrada entre montes de pergamiños para averiguar cal foi o verdadeiro autor do Lazarillo de Tormes, que como todos (¿todos?) estudiamos na escola é, ou era, considerado anónimo . A sra. Agulló está en condicións de probar que o seu autor foi un home singular do século XVI, Diego Hurtado de Mendoza, que por si só daría para varias novelas, e para varias películas se fose francés, inglés ou americano, pero tivo a mala sorte de ser español.

O que me leva a escribir sobre este asunto é que me maravilla que nos tempos que corren aínda quede xente que adique a súa vida a cousas como esta, que a maioría considerarían inútiles e incomprensibles . Sen embargo, canto necesitamos a xente así. O que nos redimirá da nosa miserable condición non será ter lido o Marca a diario durante corenta anos, señores, senón ter lido obras que nos fan mellores persoas das que eramos antes de empezalas, e canto máis saibamos desas obras e teñamos xente que se ocupe de conservalas e rescatalas do esquecemento, máis beneficio para nós . Desde aquí, mil gracias, dona Mercedes.

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral