Os dous camiños do cine

Lendo hai pouco un artigo sobre os pioneiros do cine descubrín que xa nos inicios se plantexou un debate entre dúas posturas distintas á hora de enfocar unha historia:

1) Amosar os feitos desde un punto de vista neutro, deixando que a historia transcurra ante os ollos do espectador. Idealmente, neste caso o espectador debe identificarse o menos posible coas personaxes, para non estar condicionado á hora de asimilar a historia que se lle presenta

2) Buscar a identificación do espectador coas personaxes, e a partir de ahí provocar emocións nos espectadores a través das peripecias dos protagonistas

Non hai que dicir cal foi a opción que escolleu a industria americana do cine, ¿verdade? . A partir desa identificación espectador – protagonista constrúese a historia do cine comercial americano . A cuestión que se lles plantexou foi que se o espectador se identifica co protagonista, e non se pode defraudar ó espectador porque senón deixará de ir ó cine, os protagonistas non poden ser infelices ou sufrir dano en última instancia .  De ahí que o heroe sempre consiga á rapaza, os bos sempre se salven no último momento, etc, etc …

E así se perpetuaron os esquemas cinematográficos dos que sacar a gran parte da población resulta imposible, e dada a capacidade intelectual das xeracións que veñen, estes teñen negocio para rato

1 comentario

Arquivado en Cine

Unha resposta a “Os dous camiños do cine

  1. momo05

    Qué facer cando che gusta o cine, todos son multicines do centro comercial x ou y (fábricas de imbéciles, de homes grises)….. xa non quedan cines pequenos, con películas de números pequenos, pero de grandes vidas…
    Vivan os finales “made in” Europa!

Deixar un comentario