Arquivos mensuais: Xaneiro 2010

Auschwitz

Entre os múltiples “aniversario de …” hoxe toca o 65 aniversario da liberación de Auschwitz, que recentemente foi noticia porque uns tarugos roubaron o famoso letreiro da entrada que dicía, con negra ironía, “o traballo faravos libres” . Un episodio da Historia como ese debería ser abrumador, oscurecendo calquer outro recordo desa época e da xente que fixo posible semellante animalada; sen embargo, moi ó meu pesar, síntome fascinado pola estética  do proxecto do Adolfo . Moito se ten escrito de cómo os alemáns se deixaron seducir polo nazismo, pero a min non me parece tan sorprendente;  promesas de grandeza, ritos espectaculares nos que calquer menarro acomplexado podíase sentir parte de algo importante … nunha palabra, ilusión, para un pobo que viña de ser vapuleado na anterior Guerra Mundial e humillado no armisticio que deu fin á mesma . Incluso agora, sabendo todo o que pasou, a miña mente parece enfocarse máis nos uniformes, as imaxes de “O triunfo da vontade”, os fermosos Mercedes e Auto Unión e tantas outras cousas seductoras que nos horrores e a sensación de opresión que se debía respirar naquela sociedade a pouco que usara un a cabeza . Supoño que a mente ten o sano costume de antepoñer a beleza á fealdade ou ó terror; tamén pode ser que sexa un porco insensible, que a forza de ver animaladas e desgracias a diario desde o sofá da casa xa non as conciba como algo real, senón como unha película máis . Pode que a Beleza funcione ben a distancia e o Terror só se o temos próximo .

En todo caso, pensaremos en Auschwitz cando non sexa  “o día de pensar en Auschwitz” . Iso sí será unha homenaxe sinceira ós que alí morreron e sufriron

2 Comentarios

Arquivado en Xeral

Mundo merda

Está visto que neste mundo de idiotas a clave para facerse rico non está en fabricar o mellor producto, nen sequera o máis inxenioso . Non, nada diso; a cuestión está con dar co que lle faga gracia ou alivie as inseguridades da chusma . Estaba lendo un artigo sobre dez ideas absurdas que fixeron millonarios ós seus autores, e non saio do meu asombro . Evidentemente o que pasa é que caio nun erro moi común, que é xulgar ós demáis polo meu patrón de comportamento . Desde logo estes xenios non terían gañado un peso se todo o mundo fose coma min ou como a maioría da xente que coñezo, pero iso so é un pequeno círculo no que eu me movo, e fora del hai xente de todo tipo, da cal unha gran parte está disposta a pagar polas cousas máis estúpidas que se poda pensar . Cito uns poucos exemplos da lista que me deixan parvo de todo:

1) Un clásico: a páxina do millón de dólares . Un rapaz decidiu vender cada un do millón de píxeles da súa páxina . Correuse a voz, as moscas acudiron á merda (os humanos parécense cada vez máis ás moscas), e como as moscas acudían fixérono as empresas, que lle compraron máis píxeles para poñer a súa publicidade . Resultado: todo vendido e o tipo millonario … e partíndose da risa, supoño

2) Pelotas para antenas de coche: Isto é o colmo da burricie . Un paisano chantou unha pelota na antena dun coche, pintoulle unha cara e vendeuna a vinte dólares a unidade . Resultado: agora tén centos de modelos e é millonario

3) Gafas de bucear para cans: Non, non é broma . Despois dos abrigos, gorros e outras estupideces que os papanatas de medio mundo lle poñen ós seus cans, este paisano inventou as gafas de buceo para cans . Resultado: Pois o de sempre; millonario

4) Cartas de Santa Claus por Internet: Esta é a máis lamentable de todas, e mira que xa levamos un historial de pena . Consiste en que os pais (non sei se merecen ese nome) pagan 10 dólares!!! por unha carta de Santa Claus para os seus fillos . A carta envíase por e-mail, ti imprímela e daslla ó teu fillo, que se hai xustiza de maior meterate nun asilo rexido por ex-guardiáns de Guantánamo

En fin, parafraseando a Samaniego, podemos dicir “A un panal de rica mierda diez mil humanos acudieron …”

2 Comentarios

Arquivado en 1

Os dous camiños do cine

Lendo hai pouco un artigo sobre os pioneiros do cine descubrín que xa nos inicios se plantexou un debate entre dúas posturas distintas á hora de enfocar unha historia:

1) Amosar os feitos desde un punto de vista neutro, deixando que a historia transcurra ante os ollos do espectador. Idealmente, neste caso o espectador debe identificarse o menos posible coas personaxes, para non estar condicionado á hora de asimilar a historia que se lle presenta

2) Buscar a identificación do espectador coas personaxes, e a partir de ahí provocar emocións nos espectadores a través das peripecias dos protagonistas

Non hai que dicir cal foi a opción que escolleu a industria americana do cine, ¿verdade? . A partir desa identificación espectador – protagonista constrúese a historia do cine comercial americano . A cuestión que se lles plantexou foi que se o espectador se identifica co protagonista, e non se pode defraudar ó espectador porque senón deixará de ir ó cine, os protagonistas non poden ser infelices ou sufrir dano en última instancia .  De ahí que o heroe sempre consiga á rapaza, os bos sempre se salven no último momento, etc, etc …

E así se perpetuaron os esquemas cinematográficos dos que sacar a gran parte da población resulta imposible, e dada a capacidade intelectual das xeracións que veñen, estes teñen negocio para rato

1 comentario

Arquivado en Cine

Dexeneración (2)

Situémonos: hipermercado dunha vila de tamaño medio/grande, sección carnicería . Baixo un carteliño que pon “zorza” podemos ver uns trozos de raxo cortados groseiramente, cunha cor  entre laranxa e bermello procedente dun preparado que simula ser pimentón, en realidade composto por azúcares, fosfatos, colorantes e outras lindezas . Un pouco máis alá, vemos unha masa de carne fibrosa e de cor pardo, que anuncian como “chicharrones” . Como nunha reminiscencia cárnica do mito da caverna, estes dous productos non son máis que sombras da auténtica zorza e dos auténticos roxóns . Se seguimos paseando polo supermercado atoparemos un sinfín de sucedáneos coma estes

Estannos a roubar os sabores . Hai xente que nunca na vida comeu un polo de corral, unhas costeletas da casa, unha zorza miúda e preparada co tempo que require . Seguramente se os proban rexeitaranos, quedándose coas sombras ás que xa están afeitos desde pequenos

Somos os últimos degustadores desas delicias; ¿quén vai comer a comida da avoa cando as avoas sexan as actuais adolescentes e a expresión “comida da avoa” leve anos abolida por machista ?

Polos sabores auténticos, ofrezo esta misa de defuntos: Requiem aeternam dona eis, Domine …

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral

Haití blues

Brommmmm…. brooommmmm ….

Berros, pó, sangue, medo

Negros mortos en horario de máxima audiencia

Mil, cen mil, cento cen mil, cento cento cento mil

A vontade divina matou ó arcebispo

Catástrofe televisada ; alá imos os bos samaritanos

Doa, doa .. doa os teus riles

Concerto benéfico du dua aaaaaaah

Cuestación popular, conciencia reparada

Os tiburóns comercian coa axuda dos pobres

Occidente accidente Ban Ki Moon

Es que esos países, ya se sabe

Os mortos suspiran aliviados

Os vivos seguen no inferno

Viva a globalización!!!

¿A qué hora xoga o Depor?

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral

Dexeneración(1)

Do diccionario da RAE:

degenerar.

(Del lat. degenerāre).

1. intr. Dicho de una persona o de una cosa: Decaer, desdecir, declinar, no corresponder a su primera calidad o a su primitivo valor o estado.

Vexo estes días na TVE (por fin sen publicidade comercial!!) os anuncios da serie “Águila Roja”, e lembro porque nunca me parei a intentar ver esa serie . O protagonista parece saído dunha oficina, con ese rostro imberbe e de fino cutis e esa pinta de menarro. Penso en actores como Robert Mitchum, Paco Rabal e tantos outros… xente que contaba unha historia só con verlles as liñas da cara, que amosaba as vivencias e o seu percorrido vital . Fagamos unha simple comparativa biográfica (tomado da Wikipedia) :

  • David Janer (protagonista de Águila Roja) : Tras acabar sus estudios de Informática en el Centre d’Estudis Politècnics de BCN, se matricula en el Centro de Actividades Escénicas La Saleta en su ciudad natal, Granollers. Allí participaría en sus dos primeros espectáculos teatrales, El manuscrito del teniente y El sueño de una noche de verano.
  • Robert Mitchum:  Cuando tenía 12 años, su madre Ann le envió a vivir con sus abuelos, de Felton, Delaware, donde fue prontamente expulsado de su escuela secundaria por pelear con un director. Después viajó por todo el país en vagones de ferrocarril, ocupándose en varios trabajos incluso como boxeador profesional. Fueron numerosas sus aventuras durante los años de la Depresión. A los 14 años en Savannah, Georgia, fue arrestado por vagancia. Mitchum escapó y regresó a su familia en Delaware. Fue durante este tiempo, mientras se recuperaba de las lesiones que casi le hicieron perder una pierna, que conoció a la mujer con quien se casaría, la adolescente Dorothy Spence. Pero pronto volvió a la carretera y a viajar en los vagones de ferrocarril.

Isto é o que hai . Antes os actores principais eran homes; hoxe son homiños, cando non macacos ou macaquiños . Sic transit gloria mundi

3 Comentarios

Arquivado en Xeral

O repunante

O repunante saíu da caverna, aburrido de ver sempre as mesmas sombras de tódolos días proxectadas na mesma parede de tódolos días . Cando chegou arriba e fregou os ollos nun charco, quedou asombrado de toda a merda que deixaba atrás . Situado no seu novo lugar, por encima da chusma, meditou acerca da inutilidade do resentimento, e concluíu que o resentimento era bo, e que se ía divertir moito dándolle pista  . Dende entón decidíu exercer de francotirador da palabra sen pararse en convencións, modas e mamonadas polo estilo .  Avisado quedas, mundo!!

1 comentario

Arquivado en Xeral